Blog de Omeumundo

Blog personal

Recurso para expresarme.

O mellor mestre.

Escrito por Omeumundo 13-04-2018 en Aprendizaxes. Comentarios (0)

Hubera preferido ir por orde, pero non sempre é posible, e máis cando a túa mente cho pide. A día de hoxe poderemos vernos, pero mirarnos? O futuro é incerto, pero xa non será a mirada do "eu" infravalorado do pasado. Fuches o mestre máis duro neste territorio do amor. Ensináchesme que as lágrimas, as miradas e ata un "quérote" ou "ámote" pode ser do máis falso que existe. Que un "regáloche un contrato de que quero estar contigo todo o tempo que me queiras" rómpese en apenas tres anos, ou seguramente antes, e qué tonta fun créndote! A base de chantaxes emocionais conseguiches terme ao teu carón aguantando o inaguantable. E a día de hoxe podo dicir que cando miro as nosas fotos, e si, ás veces o recordo atoségame, a quen poño en primeiro plano é a min mesma preguntándome: cómo puideches non valorarte co bonita que eras?

Soidade.

Escrito por Omeumundo 13-04-2018 en Eu mesma. Comentarios (0)

Pode dar medo ao comezo ata que se practica... e qué mellor que atoparse cunha mesma tras tantas idas e retornos?

Quizáis.

Escrito por Omeumundo 13-04-2018 en Sentimentos tatuados. Comentarios (0)

Todas as historias comezan con algo de medo, e á nosa non lle faltou esta variante. Non sei se foi isto por ambas partes, ou se a miña falta de experiencia neste complicado territorio precipitou o inicio de algo que pintaba máxico... O que si sei é que a loucura non nos faltou. E aínda que foi moi curto, quedaches marcado en min, moito.

Como unha tatuaxe sen tinta.

Escrito por Omeumundo 13-04-2018 en Sentimentos tatuados. Comentarios (0)

Camiño de catro anos daquel comezo no mundo de "o globo e a agulla", seguirei recordando aquelas tonterías que quedaron durmidas no interior do meu sentir e que, aínda que polo medio existisen outros "quereres", o teu sorriso segue estando aí, marcado, como unha tatuaxe sen tinta que só eu podo apreciar.